Localización de videoxogos

SERVIZOS DE TRADUCIÓN

Localsoft ofrece servizos de tradución de alta calidade para a industria do videoxogo, con milleiros de títulos localizados desde 1988.

SERVIZOS DE SONORIZACIÓN

Localsoft proporciona servizos de dobraxe e posprodución para o mercado global e conta con actores nativos altamente cualificados.

SERVIZOS DE TESTEO

Os nosos servizos de testeo garanten a máxima calidade na localización dos seus recursos, seguindo as directrices das grandes empresas.

3500

VIDEOXOGOS LOCALIZADOS

33

ANOS NO SECTOR

3000

TRADUTORES DE VIDEOXOGOS

50

IDIOMAS

Servizos de tradución

Localsoft ofrece servizos profesionais de tradución para a industria do videoxogo en máis de 50 idiomas. Avaliamos, seleccionamos e formamos coidadosamente a tódolos nosos tradutores para brindar un nivel de calidade insuperable. Os nosos tradutores exercen a súa labor exclusivamente cara a súa lingua materna. Ademais, un segundo lingüista revisa tódolos documentos antes de proceder á entrega. Os videoxogos son a auténtica paixón de tódolos nosos tradutores, os cales están ó día da terminoloxía do sector e das súas directrices.

Expertos en localización de videoxogos

Respectamos as directrices máis recentes de Microsoft, Nintendo e Sony

Control de calidade: Certificados ISO 9001 e EN15038

Máis de 3000 videoxogos localizados desde 1988

Alta capacidade para proxectos de gran tamaño

Subtitulación

Traballamos con tódalas plataformas máis importantes

Servizos de sonorización

Localsoft ofrece servizos de sonorización sen igual para a industria do videoxogo, potenciando así os seus títulos e a súa presenza no mercado internacional. Confíe as súas dobraxes internacionais e tarefas de pre e posprodución a Localsoft e obterá resultados da máxima calidade no prazo de entrega acordado.

Tradución de guións

Dirección de dobraxe

Restrición de tempo e sincronía labial

Estudios de gravación internacionais

Dobraxe

Amplo abanico de actores de dobraxe internacionais

CONTACTE CONNOSCO E INFÓRMESE

Servizos de testeo

Nun mercado global coma o actual, os servizos de testeo son fundamentais. Erros de tradución, faltas de ortografía, malentendidos culturais, textos con solapamentos ou lonxitudes incorrectas e pistas de son defectuosas poden afectar á satisfacción do xogador e provocar un descenso nas ventas do produto. Localsoft ofrece un servizo de testeo lingüístico meticuloso para garantir a calidade final de tódolos elementos localizados nos seus videoxogos.
Testeo lingüístico

Testers nativos do idioma de destino

Confidencialidade

Salas de testeo con control biométrico

Consolas de testeo para as grandes empresas

100 prazas (ampliables)

Algúns xogos clásicos que localizamos

Algúns dos nosos clientes

A OPINIÓN DOS NOSOS CLIENTES

Acerca de Localsoft

Localsoft, S.L. é unha das empresas de localización de videoxogos máis importantes do mundo

Con miles de títulos xa localizados, ofrecemos servizos de localización da máxima calidade para a industria do videoxogo: tradución, revisión, autoedición, subtitulación, sonorización e testeo. Estamos moi comprometidos no noso traballo e garantimos unha calidade de servizo insuperable.

A nosa especialidade son proxectos de tamaño medio e grande, para os que contamos con equipos de traballo que se axustan ós seus requisitos específicos.

Localsoft ofrece tódolos servizos necesarios para que a localización dos seus produtos sexa un éxito rotundo. Garantimos a máxima seriedade nos prazos de entrega e respectamos o presuposto ofrecendo o máis alto nivel de calidade e confidencialidade.

Contacte connosco

Contacte connosco empregando a seguinte información ou encha o noso formulario para solicitar un presuposto gratuíto.

Correo electrónico

Envíenos un correo electrónico a info@localsoft.com.

Teléfono

Chámenos ó +34 952 028 080 e realice a súa consulta.

Enderezo postal

Localsoft, S.L.
Calle Marie Curie, 5
29590 Málaga
España

Formulario

  • Max. file size: 256 MB.
  • This field is for validation purposes and should be left unchanged.